Detalle

Representantes do Cabildo de Fuerteventura visitan a Escola de Cantería da Deputación

19 de outubro de 2017

Visita Cabildo

Un grupo de responsables do Cabildo insular de Fuerteventura visitaron estes días as instalacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, onde coñeceron o plan docente dos estudos que se imparten neste centro co obxectivo de poñer en marcha na illa canaria unha iniciativa semellante.

En concreto, a idea do Cabildo insular é, nun primeiro momento, poñer en marcha un plan de formación dirixido a persoas maiores de 30 anos desempregadas co obxectivo de obter o certificado de profesionalidade de nivel dous Colocación de Pedra Natural, co que se acredita o alumnado para colocar diversos elementos construtivos de pedra natural.

Os representantes canarios coñeceron de primeira man os traballos que o alumnado da Escola de Cantería desenvolve ao longo do ano e as experiencias de colaboración que teñen en diferentes países do mundo.