Detalle

Matrícula na Escola de Cantería para o curso 2017-2018

Do 20 ao 21 de setembro está aberto o prazo para matricularse nos estudos de Cantería e de mestre ou mestra de Cantería para o curso académico 2017-2018

15 de setembro de 2017

Matrículoa

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra abriu o prazo de matriculación para aquelas persoas que se inscribiron previamente nos estudos de Cantería e de mestre ou mestra de Cantería. A formalización da matrícula deberá realizarse entre os días 20 e 21 de setembro na secretaría da Escola de Cantería (rúa Illa do Santo 2, Poio) ou no Rexistro xeral da Deputación (avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra).

Entre a documentación que debe entregarse, figura a fotocopia do DNI, o certificado de estudos e o xustificante de abono das taxas de matrícula. Nesta mesma web, entrando na formación que interese en cada caso, pódense descargar os formularios de matrícula e consultar o resto da documentación que se debe achegar.

A formación oficial de canteiro ou canteira ten unha duración de tres anos e os únicos requisitos de acceso son non ser maior de 35 anos e estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente. Pola súa banda, a formación de mestre ou mestra de Cantería prolóngase outros dous anos máis e, ademais dos requisitos da idade e o graduado, esixe estar en posesión do título de canteiro ou canteira. As taxas anuais de cada curso teñen, en ambos os casos, un custo de 114,50 euros.